Páxinas

viernes, 25 de abril de 2014

Cómo atraer mais visitas cos teus Pins

pinterest, redes sociais de fotografía

Potencia teus Productos co Pinterest.

Os motores de busca son moi interesantes para contestar a preguntas específicas como o tempo en Lugo ou saber cal é a capital de Estonia, pero o pinterest pode axudar a atopar respostas a preguntas que teñen mais de unha resposta correcta como ¿que facer para cear esta noite? ou ¿Onde vou ir nas vindeiras vacacións?
Habendo multitude de respostas, non estarás segura do que che apetece mentras non o vexas.

As usuarias teñen interese no Pinterest  porque teñen o alcance da man 750 millóns de taboeiros con 30 mil millóns de imaxes de miles de temáticas.

Mediante un pin as persoas poden decatarse das cousas que fan o teu negocio especial, polo que debes asegurarte de que o que colgas nesta Rede Social causa boa impresión.

Cando a xente mira os pins do seu interese, ou os que atopa nos resultados de busca, fanse un xuicio inmediato do producto en función do que miran, co que seguramente farán click na foto e incluso farán Repin, - o republicará -  co que a tua publicación chegará mais lonxe.
Os clicks traen visitantes a túa páxina web, mentras que os repíns fan que teu material sexa visto por mais persoas, ¡ E ti queres ambas cousas!!!

Pinterest estudou miles de pins para averiguar cales son os que teñen maior atractivo para as usuarias, e atoparon que as fotografías de maior éxito tiñan tres elementos en común:
  • As fotografías verticais funcionan mellor.

pinterest, difundir en pinterest, vender con pinterest.
Os pins con unha relación de aspecto vertical encaixan mellor nos taboeiros de Pinterest. Isto é debido a que Pinterest organiza as imaxes apiladas unhas sobre outras en forma de cuadricula en vertical. Ocurre ademais que moitas usuarias empregan os dispositivos móbiles para facer buscas, e os pins verticais miranse mellor que os horizontais nestes dispositivos.
  • As descripcións longas superan ás cortas en alcance de audiencia.

Ainda que Pinterest é un servizo netamente visual, tamén é utilizado polas persoas para organizarse e planificar.
A descripción do Pin pode axudar a que alguén consiga atopar seus intereses.

En outras Redes Sociais como Twitter é necesario medir a cantidade de caracteres que se escriben, xa que a inmediatez e a brevedade son parte da plataforma.
En Pinterest non necesitas limitar o tamaño do texto, polo que non debes dudar en crear descriptivos detallados das imaxes.
Ademais, estas descripcións farán que os Pins aparezan mais veces nos resultados de busca.
  • As descripcións suxerentes e positivas teñen mais éxito.

As descripcións que matizan o contido dos Pins funcionan mellor ante as usuarias que as mensaxes directas.
En troque de decir "vendo pantalón verde" ou "fai esta receta de chalotas escalfadas", imaxinate como público. Trata de falarlle ás persoas de como ese pantalón verde combina á perfección no seu armario de primavera, ou como unha persoa ocupada pode facer as chalotas en menos de media hora e ademais tomando unha chea de vitaminas.

E a ti...ocurrenseche outras maneiras de aumentar a visibilidade dos teus pins?
Non esquezas partillar este post si pareceuche de utilidade.





Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons  
Cómo potenciar teus productos con Pinterest,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+


Webgrafía:
Bussines Blogue do Pinterest.

Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, no  grupo "Aprendermos" do Linkedin,  no Grupo eMarketing Portugaliza de Google +.

No hay comentarios:

Publicar un comentario